Axenda

Servizos Sociais: UTS Fontiñas

Eventos

Programa BENESTAR EN BALNEARIOS 2016.

Data do evento: 23/02/2016 ata 06/03/2016
Lugar: SERVIZOS SOCIAIS

flecha Ver máis datas do evento


Estadías e tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2016.

Prazo presentación de solicitudes:
O prazo é de 20 días naturais dende o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 7 de marzo de 2016.

Lugar de presentación
• Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
• En soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
• Por correo postal mediante envío certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia..

Para mais información:

• Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
• Páxina web da Consellería de Políticas Sociais: http://benestar.xunta.es
• Consellería de Políticas Sociais – Xunta de Galicia.
• UTS de referencia (Servizos Sociais Comunitarios), segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dispositivos deben solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).
• Departamentos de traballo social dos centros de saúde.
• Servizos específicos de persoas maiores (Fogar de Terceira Idade, etc.)

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Políticas Sociais – Xunta de Galicia. 2016.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)