Novas

Servizos Sociais: PASS CONXO
15/11/13

Mañás de Nadal 2013

Mañás de Nadal 2013 é un servizo de actividades matinais de tempo libre como apoio para as familias compostelás, que se desenvolverá en oito centros socioculturais: Vite, Conxo, Santa Marta, As Fontiñas, Nemenzo, Marrozos e A Gracia, cun total de 175 prazas para rapaces e rapazas de distintas idades.

Nos sete primeiros centros citados celebraranse as Mañás de Nadal "Un Nadal de conto" os días 23, 26, 27, 30 de decembro e 2, 3, 7 e 8 de xaneiro de 2014, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Cada centro conta con 25 prazas, destinadas, no caso dos centros urbanos, a nenos nados entre os anos 2001 e 2009 e, nos rurais, aos nados entre 2001 e 2009.

O prazo de preinscrición estará aberto do 15 de novembro ao 5 de decembro. O prezo xeral é de 60 euros, se ben se contemplan diversas reducións por segundo fillo ou familia numerosa e exencións para familias en situación de paro dos pais, nais ou titores.

Monitores da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco conducirán as actividades, que achegarán os rapaces, a través de xogos e dinámicas ao mundo da creatividade e da imaxinación durante as oito mañas do programa.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)