Novas

Asamblea de Cooperación pola paz
16/05/14

Aprende e coñece novas realidades a través das Viaxes ao Sur de ACPP

Se che apetece coñecer o mundo da Cooperación por dentro, se queres
achegarte a outras culturas e outros modos de vida, se queres comprender
para que serve a Cooperación e que pode cambiar, entón interésante as Viaxes ao Sur que organiza Asemblea de Cooperación Pola Paz.

Por decimosétimo ano consecutivo Asemblea de Cooperación Pola Paz organiza, durante o verán de 2014, Viaxes ao Sur con destinos en cinco dos varios países nos que traballamos: Marrocos, Palestina e Israel, Senegal e Tunisia.

Asemblea de Cooperación pola Paz ofréceche a oportunidade de coñecer de primeira man o mundo da Cooperación. Organizamos estancias nos países nos que traballamos co obxectivo de ofrecer sobre o terreo unha visión ampla dos compoñentes que participan en todo o proceso de cooperación, así como da realidade socioeconómica e política dos países de destino.

Para iso facilitámosche:

- Encontros con axentes de desenvolvemento locais que participan nos
proxectos: as comunidades beneficiarias, organizacións, institucións e
expertos locais.
- Visitas a diferentes programas de cooperación de ACPP.
- Obradoiros dirixidos a familiarizarvos coa metodoloxía na identificación,
formulación, seguimiento e avaliación de proxectos de cooperación.

As Viaxes ao Sur permiten ademais realizar visitas turísticas afastadas dos
circuítos convencionais, ofrecendo unha perspectiva alternativa para coñecer os países de destino.

Se queres achegarte á Cooperación, esta é a túa oportunidade.

Podedes encontrar información detallada dos países de destino, tipoloxía de
proxectos a visitar, información das ONGs parceiras, así como tamén das
condicións das viaxes e prezos no enlace http://www.acpp.com/CCsT.htm

Para máis información, podedes poñervos en contacto con nós no enderezo
electrónico galicia@acpp.com ou no teléfono 881.97.73.39

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)