Novas

21/05/14

ROLDA DE PRENSA SOBRE O II MERCADIÑO SOLIDARIO TROCAME-ROQUE

Hoxe tivo lugar, no Concello de Santiago de Compostela, rolda de prensa para a difusión do Proxecto "II Mercadiño Solidario Trócame-Roque". Á mesma acudiron:
* Teresa Furelos. Xefa de Servizo da Area de Servizos Sociais:
* Isabel Suárez Carballo. Fundación Secretariado Xitano.
* Alejandro Quiñoá Casteleiro. Asemblea de Cooperación pola Paz.
* Pablo Méndez Trigo. Cruz Vermella.
* Eva Ramos Martínez. Programa de atención a familias Abeiro.
* Alicia Castelo Vieites. Programa de atención a familias Abeiro.
* Sara Cives Negreira. CEIP Fontiñas.


O proxecto enmárcase dentro do traballo comunitario que se está levando a cabo no barrio das Fontiñas e no que participan as seguintes entidades: A Asemblea de Cooperación pola Paz, Fundación Secretariado Gitano, Centro de día Arela, Programa de atención a familias Abeiro, Cruz Vermella, CEIP Fontiñas, CEIP Monte dos Postes, IES Antonio Fraguas e a Concellería da Area de Servizos Sociais (coa UTS Fontiñas, Programa municipal socioeducativo e UMAD).

O fin da organización deste mercadiño é sufragar un proxecto solidario ubicado no propio barrio de Fontiñas; este ano, o importe que se recaude vaise destinar a “colaborar na financiación” do gasto dalgunha necesidade socioeducativa detectada na zona, canalizado a través de entidades sociais (Cruz Vermella).

Ao redor do mercado celebráranse outras actividades de animación, para fomentar a participación e reforzar os espazos de convivencia, transmitindo os valores de solidariedade e de igualdade. “Dende o ocio, compártese o tempo, favorécese a convivencia”. As actividades programadas para ese día son as seguintes:

* Actividade inaugural, ás 16:30 horas: actuación musical do coro de alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas, dirixido polo profesor D. Carlos Encisa.

* Desenvolvemento de diversos obradoiros, en simultáneo co desenvolvemento do propio mercadiño; horario: 17 a 19 horas. Os obradoiros previstos son:

Cruz Vermella: Xogos de grupo dinamizados por voluntariado, Obradoiros de manualidades, realizados cun enfoque interxeneracional, Obradoiro de maquillaxe.

Actividades de fomento da igualdade implementadas dende o Centro de Información á Muller do Concello de Santiago de Compostela: Elaboración de móbiles e variñas máxicas, cun enfoque intercultural.

Asemblea de Cooperación pola Paz: Photocall para que os mozos e as mozas se fotografíen xunto a mensaxes que promovan a integración. Estudio ficticio de televisión no que alumnas e alumnos do obradoiro audio visual do proxecto “Barrios Abertos” farán as prácticas de gravación sobre a vida asociativa do barrio.

Dentro do Programa de Prevención da UMAD: Exhibición de Breakdance, ás 17,30 horas. Obradoiro de Breakdance; preténdese poñer a disposición da xuventude un espazo no que poidan manifestar as súas habilidades e contribuír ao fomento destas actividades; horario: de 18 a 19 horas.

* Acto de clausura, ás 19,30 horas, con actuación de flamenco (baile, cante e guitarra) a cargo de Isaías Salazar, Miguel Flores e Iria Peña.

Mais información en documento que se achega...

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)