Novas

Centro Don Bosco
24/11/15

Bosco Nadal

Actividades no Centro Don Bosco para rapaces e rapazas de 4 a 13 anos, durante as mañás do 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2015 e do 4, 5 e 7 de xaneiro de 2016. Actividades educativas apropiadas para pasar mellor o Nadal: obradoiros, deporte, xogos... en grupo e acompañados permanentemente por monitores.

Horarios:
Actividades: de 9,00 a 14,00h.
Madrugadores: de 8,00 a 9,00h.
Atención ao mediodía: de 14,00 a 15,15h..

Cuotas:
Non Socios
As mañás de Bosco Nadal: 50€
Un día: 6€.

Para socios:
As mañás de Bosco Nadal:25€
Un día: 4€.

Madrugadores:
Con almorzo: 18€ . Un día: 3€.
Sen almorzo: 12€ . Un día: 1,5€.

Atención ao mediodía:
18€ un día, 3€.
Non preparamos comida, podemos quentar a que traen os participantes.

Desconto de 5€ por irmáns socios na actividade e de 4€ en irmáns non socios no total da actividade.

Para facer a preincrición deberase acceder e cubrir o seguinte formulario: http://goo.gl/forms/PVKwyu3fNU ou no propio Centro Don Bosco.

A partir do 9 de decembro de 2015 recibiredes no voso correo electrónico as indicación para formalizar a matrícula.

Para máis información podedes contactar a través do endero electrónico: cxdonbosco@cxdonbosco.org

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)