Novas

Centro de día Arela
15/02/16

Concurso Arela " O Reto do Acoso Escolar"

Ola!
A Asociación ARELA e a Fundación Barrié convocan un Concurso “2016: O reto do acoso escolar” (musical e audiovisual) que, dirixido aos alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios de Formación Profesional dos centros educativos de Galicia, pretende que os e as participantes reflexionen e cren mensaxes claros de freo ós problemas derivados do acoso escolar. Ten coma obxectivo fundamental implicar á adolescencia galega na loita contra calquera tipo de acoso escolar nos centros educativos de Galicia.
Na nosa páxina web está toda a información: http://arela.org/Noticias/concurso-ano-2016-o-reto-do-acoso-escolar.html
Moitas grazas por difundilo e participar quen poda. Saúdos!!

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)