Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
08/03/16

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

CALENDARIO DO PROCESO E PRAZOS

•SOLICITUDES. Lectivos desde o 1 A 29 DE MARZO. Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo).

•DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 DÍAS HÁBILES a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes. Ata o 12 de abril. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

•LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).

•LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo de un mes).

•MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.

Achegase a seguinte documentación:

•Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)
•Anexo I: Reserva de praza
•Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)