Novas

IES Antonio Fraguas Fraguas
18/04/16

TESE DOUTORAL SOBRE O PROGRAMA MELLORA DESENVOLTO NO IES ANTONIO FRAGUAS

A psicopedagoga Andrea Valcárcel ven de doutorarse cunha cualificación de sobresaínte cum laude na USC.
A súa tese baséase no traballo levado a cabo, ó longo de varios cursos, no IES Antonio Fraguas co programa "Mellora" de habilidades socioemocionais e prevención do acoso escolar. Iniciou a súa colaboración a partir dun contrato do Concello de Santiago para desenvolver un programa alternativo ás expulsións. Acabado éste, a orientadora e ela crearon o programa MELLORA no que se abren as intervencións a dous perfís de alumnado: por un lado o disruptivo, polo outro, ó alumnado víctima de acoso. Igualmente traballouse en obradoiros que implicaron ó grupo de aula (espectadores pasivos) ó profesorado e ás familias.
Recompensa ben merecida. Parabéns!!!
Para máis información:

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/04/17/estradense-doctora-cum-laude-tesis/1443337.html

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)