Novas

Fundación Secretariado Xitano
06/06/16

Xornada Portas Abertas da Fundación Secretariado Xitano-10 de Xuño

Venres 10 de Xuño de 17:00-21:00 horas no Parque Amor Ruibal (Centro Sociocultural Pontepedriña).

O próximo venres 10 de xuño na Fundación Secretariado Gitano celebramos, un ano máis, a nosa Xornada de Portas Abertas en todas as localidades. En Santiago de Compostela, xuntarémonos no Parque Amor Ruibal (Centro Sociocultural Pontepedriña) e encantaríanos contar contigo ¡resérvate o día!


Música ó vivo, xogos infantís e obradoiros, exposicións, mercadillo solidario e un montón de actividades máis para que todos e todas as que vos acerquedes ese día poidades coñecer máis de preto o impacto de noso traballo; iso si, dende un punto de vista lúdico e divertido, para grandes y pequenos.

Ven ca túa familia e invita os teus amigos e amigas.

Esperámoste!

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)