Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
13/01/17

Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica e de gas ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 na Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento IN414D). (DOG nº 3 do 4/1/2017)
Obxecto

Pagamento da factura eléctrica e de gas ás persoas económicamente máis vulnerables, e deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Gastos subvencionables e contía

Os gastos subvencionables serán o 100 % do importe das facturas de electricidade ou gas natural (IVE incluído) correspondentes á vivenda habitual do solicitante, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e xa transcorrera a data límite de pagamento, emitidas por unha comercializadora de electricidade ou gas natural que teña asinado un protocolo de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para evitar os cortes de subministración. Deberá facerse unha solicitude por cada factura, cun límite máximo de 2 facturas/ano por solicitante e importe máximo de 200 €/ano por solicitante.

O importe da subvención non poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, supere o custo total do gasto subvencionable.
Persoas beneficiarias

Residentes en Galicia, cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano) e teñan facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite de pagamento, xa teñan ou non a subministración interrompida.

Requisitos
1.Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2.Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2015 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do IRPF. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do imposto sobre a renda no 2015, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 380 (base impoñible xeral) e 395 (base impoñible do aforro) da declaración No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2015.
3.Ser o titular do contrato de subministración eléctrica. (Ás persoas en aluguer asístelles o dereito a solicitaren ser titulares das submnistracións da vivenda alugada)
4.Ter unha factura de electricidade ou gas natural pendente de pagamento e que xa transcorrese a data límite de pagamento especificada na factura.
5.Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións.

Documentación

Presentación electrónica da solicitude


Xunto coa solicitude, deberase presentar copia dixitalizada da seguinte documentación:
a.Factura de enerxía eléctrica ou de gas natural non aboada, emitida pola empresa comercializadora.
b.Certificado ou volante de convivencia/empadroamento onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.
c.DNI/NIE do solicitante e de todos os membros da unidade de conviviencia maiores de 14 anos, soamente no caso de non autorizar a súa consulta no anexo II ou III).
d.Declaración do IRPF ou certificado de renda emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2015, do solicitante e do resto dos membros da unidade de conviviencia (só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo II ou no anexo III)..
e.De ser o caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo IV).

Lugar de presentación:
Deberán presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde o enlace: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal

No suposto de que o peticionario non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a súa identificación ou autenticación poderá ser validamente realizada por empregado público e poderá dirixirse ás oficinas de calquera das catro xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que lle fagan a solicitude.

Prazo de presentación:

Desde a publicación do extracto no BOE até o 15 de decembro de 2017.
Información sobre procedemento

a) Web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es.

b) Teléfonos:

Santiago de Compostela: 981 95 70 24, 981 54 55 87 e 981 54 55 74.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)