Novas

19/09/17

Programa Vives Emplea: nova sesión informativa. Xoves 21 de setembro, ás 16:00. Edificio Cersia

Si tes entre 18 e 60 anos e queres atopar traballo, participa neste programa de balde para a busca de emprego, financiado polo Fondo Social Europeo e a Fundación Bancaria “La Caixa” e a colaboración na difusión e cesión de espazos do Concello de Santiago de Compostela.

Este proxecto desenvolverase entre xuño e decembro por Acción contra a Fame e a través del potenciarás as túas competencias, recuperarás a túa motivación e activarás o teu talento.

Participarás en sesións de equipo tres días á semana. Terás entrevistas individuais de asesoramento. Acudirás a eventos e foros de emprego. Contactarás con empresas.

A vindeira sesión informativa terá lugar o xoves 21 de setembro, ás 16:00, no Edificio Cersia

Para maior información contacta con:

Marta Martinez
Teléfono: 681 010 273
Correo-e: mnaveiro@accioncontraelhambre.org

Mª de los Ángeles Rodiño
Teléfono: 629 563 058
Correo-e: mrodino@accioncontraelhambre.org

https://www.accioncontraelhambre.org/es/encuentra-trabajo

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)