Novas

19/11/18

Programa municipal de conciliación de Nadal 2018

O día 16 de novembro ábrese o prazo de inscrición no Programa de Conciliación laboral e familiar de Nadal 2018, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.
Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal.

Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018, e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019 nos CEIP Monte dos Postes e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.
Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural o Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16) cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición estará aberto dende o venres día 16 de novembro ata o venres 30 de novembro de 2018. O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

Máis información:
Departamento de Educación e Cidadanía
Edificio CERSIA. Rúa Álcalde Raimundo López Pol, s/n-San Lázaro
Teléfono: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511
dptoeducacion@santiagodecompostela.gal


Documentación anexa:
Información xeral
Ficha de inscripción

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)