Novas

Plataforma polo Emprego
11/08/21

PLATAFORMA POLO EMPREGO INFORMA: FESTIVAL INTERCULTURAL 2021

No marco do PROGRAMA COMPOSTELA CONVIVE, que forma parte do convenio subvencionado polo Concello de Santiago, dentro das ACTIVIDADES INTERCULTURAIS, imos levar a cabo o FESTIVAL INTERCULTURAL 2021, que se celebrará na Alameda de Santiago de Compostela.

Haberá mostra e degustación de comidas típicas de diferentes países, e ademáis, música en directo, bailes tradicionais de diferentes nacionalidades, poemas e outras actividades culturais.

¡Animádevos a participar e desfrutar!

Día: domingo 12 setembro de 2021
Horario: de 13:30 a 19:00 hs.
Lugar: paseo central da alameda de Santiago de Compostela

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)