Novas

Plataforma polo Emprego
16/11/11

A PLATAFORMA POLO EMPREGO INFORMA DAS VINDEIRAS XORNADAS DE EMPRESAS DE INSERCIÓN ORGANIZADAS POR

A PLATAFORMA POLO EMPREGO INFORMA DAS VINDEIRAS XORNADAS ORGANIZADAS POR ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA QUE SE CELEBRARÁN O VINDEIRO 23 DE NOVEMBRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

AEIGA

Os itinerarios de inserción e integración socio-laboral das Empresas de Inserción nun contexto de crise económica

Mércores 23 de Novembro de 2011, Santiago de Compostela

EDIFICIO CERSIA - Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (Avenida de Fernando de Casas Novoa s/n.)

De 9.30 a 14.30 horas



A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) organiza a Xornada "Os itinerarios de inserción e integración socio-laboral das Empresas de Inserción nun contexto de crise económica"





O obectivo é por en valor a contribución do sector social, visibilizando a capacidade das empresas para crear e manter emprego, incluso nos momentos de crise, impulsar e promover a implementación das claúsulas sociais. Ao tempo de presentar as empresas de inserción, coma un modelo de producción sostible que soporta con máis flexibilidade os momentos económicos difíciles pola primacia das persoas e do fin social sobre o capital, pola xestión que favorece a igualdade de oportunidades.



No seu programa está previsto tratar aspectos clave para este tipo de empresas como son a figura dos itinerarios de inserción e a necesidade da concertación público-privada, poñendo especial interese na fórmula de reserva de mercado e na inclusión de cláusulas sociais na contratación pública.





VER PROGRAMA ADXUNTO



INSCRICIÓNS (ata cubrir o aforo salón)

Correo electrónico: aeiga@faedei.org



Mais información:

Teléfonos: 881 957 452

Rúa Concheiros 33, 1º- Santiago de Compostela

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)