Novas

IES Arcebispo Xelmirez II
01/04/13

ACTIVIDADES NO IES ARCEBISPO XELMIREZ II DE SANTIAGO

Continuamos a nosa serie de carteis promocionais das actividades que se realizan no centro durante o curso escolar.
Esperamos que sexan do agrado do público, e que haxa persoas que se animen a facer comentarios.
Por outra banda, informamos que o xoves 4 de abril, ás 18:30 horas, terá lugar unha xornada de portas abertas no noso centro (tel. 981561435, e-mail ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.es) á que están convidadas todas as familias que queiran acudir, en particular as do alumnado que comezará estudos de ESO ou bacharelato en setembro.
Ata entón.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)