Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
30/04/13

OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre o OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS de MENORES DE 0 A 9 ANOS. Levarase a cabo na Parroquia de San Antonio de Fontiñas, o martes, 7 de maio, de 19 a 21 horas.

Preténdese traballar cos pais e coas nais as pautas educativas cara os seus fillos e fillas, co obxecto de avanzar na súa autonomía.

Para inscribirse, deben chamar ao teléfono 606-224.768, en horario de 16 a 20:30 h.

Mais información: UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios), ubicada no Centro Sociocultural das Fontiñas, rúa Berlín, nº 13, 2º. Tfno 981528750

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)