Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
20/05/13

CONVOCATORIA. ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

Publícase no DOG do 20 de maio a convocatoria do procedemento para a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais:

- Administración e xestión
- Agraria
- Edificación e Obra Civil
- Electricidade e electrónica
- Enerxía e auga
- Fabricación mecánica
- Hostalaría e Turismo
- Imaxe persoal
- Instalación e Mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Química
- Sanidade
- Servizos socioculturais e á comunidade
- Transporte e mantemento de vehículos

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 21 de maio ao 12 de xuño de 2013.

Achégase copia da orde de convocatoria.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)