FUNDACIÓN ANDREA

FUNDACIÓN ANDREA

FINS

A Fundación ten como finalidade básica a atención e o  apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza, ás familias que, contando con escasos recursos económicos, haxan de coidar aos seus fillos nas enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que estes poidan padecer.

ACTIVIDADES 
  • A finalidade constituínte perseguirase a través da realización, entre outras, das seguintes actividades:

  • Sufragando os gastos familiares que comporte o aloxamento hospitalario dos nenos enfermos.
  • Facendo fronte aos gastos que se produzan polo seu tratamento médico no fogar familiar.
  • Facilitando axudas económicas ás familias para que poidan atender debidamente ao neno enfermo, na súa manutención, na adecuación da vivenda ás necesidades do neno ou na adquisición de equipamentos técnicos necesarios entre outros.
  • Achegando a este os medios formativos aos que poida ter acceso.
  • Poñendo ao alcance dos nenos enfermos cantas posibilidades de entretemento poidan axudarlles a soportar a súa enfermidade con alegría. Realizando cantas actividades sexan útiles para levar esperanza e ilusión tanto aos nenos enfermos como ás súas familias.
  • E, de modo xenérico, levando a cabo calquera clase de actuacións que sexan conducentes ao mellor logro dos fins fundacionais e á maior eficacia da acción da Fundación.
CONTACTO 

ENDEREZO: C/ Ferrol, 2. 15897.Santiago de Compostela- A Coruña.

HORARIO DE ATENCIÓN: Mañás de 9:30h a 14:00 h

Tardes de 15:00h a 18:00 h.

 

TLF.: 981.555.720.

Fax: 981.555.723

MAIL: fundacionandrea@cyex.es

 

WEB: www.fundacionandrea.info

 


novas relacionadas


Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)