UTS ENSANCHE

UTS ENSANCHE

Servizo público, pertencente á Area de Acción Social do Concello de Santiago de Compostela.

¿QUE PODES ATOPAR?

a.- Valoración, orientación e información sobre programas, recursos e servizos, que contribúan á autonomía persoal e familiar. Por áreas, realízase a tramitación e derivación a:

a.1.- Familia, infancia e mocidade: Axudas para a escolarización dos menores, acollemento de menores, Centro de día de menores, Garda de menores, Prestación económica de pago único por fillo menor a cargo, etc.

a.2.- Maiores e/ou persoas con estado de saúde deficitario: Recoñecemento do grao de discapacidade, recoñecemento da situación de dependencia, coa movilización dos recursos que correspondan, servizo municipal de axuda no fogar, teleasistencia domiciliaria, ingreso en centros residenciais, centros de día, respiro familiar: estadías temporais en centros residenciais, transporte adaptado 065, programa de novas tecnoloxías, axudas para facilitar a autonomía persoal e a accesibilidade, pensións non contributivas, acollemento familiar, bonobús, termalismo e turismo social, vacacións, etc. 

a.3.- Inclusión social: : Programa Municipal de Inclusión Sociolaboral, proxecto municipal de medidas de apoio para a prevención e a integración social: axudas para solventar necesidades básicas e participar en itinerarios de inserción social, renda de integración social de Galicia (RISGA), axudas para situacións de emerxencia social.

b.- Apoio familiar, dirixida á prevención, detección precoz e oferta dunha primeira atención profesional, dende o ámbito do traballo social de zona, para minguar factores de risco que están condicionando a disfuncionalidade das familias, que repercute negativamente no desenvolvemento persoal dos seus integrantes, en especial, dos mais novos.

c.- Intervención no absentismo escolar, co obxecto de contribuir a unha adecuada escolarización e asistencia regular aos centros educativos, a través dun traballo en rede cos centros educativos, para a prevención,  detección e tratamento social da problemática de absentismo escolar do alumnado escolarizado no ensino obrigatorio. 

d.- Intervención con persoas maiores e/ou en situación de dependencia.

e.- Desenvolvemento comunitario 


Contacto

Unidade de Traballo Social do Ensanche.
Centro sociocultural e xuvenil O Ensanche.
Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16.
Santiago de Compostela.
A Coruña.
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
ecerdeirinav@santiagodecompostela.org

novas relacionadas



© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)