Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego

O Equipo de Inclusión Sociolaboral enmarcase dentro do organigrama da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago de Compostela como servizo específico.

O programa local de inclusión sociolaboral (PLIS) nace da necesidade de dar continuidade ao traballo realizado durante anos a través de distintos plans e programas promovidos por Europa e executados por Servizos Sociais a través de distintos convenios coa Comunidade Autónoma.

A Concellería de Benestar Social considera necesario continuar coas liñas de traballo desenvolvidas durante este anos e apostar pola inclusión e, sobre todo, dar continuidade a un recurso de apoio para a inserción sociolaboral dos colectivos máis vulnerables ou en situación de risco e exclusión social.

Poboación destinataria: persoas en situación de vulnerabilidade e con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral. As persoas que accederan ao Programa Local de inclusión sociolaboral (PLIS)  son os que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas usuarias de Servizos Sociais perceptoras de RISGA cuxo proxecto de inserción recolla obxectivos de carácter formativo e laboral.
  • Persoas usuarias de Servizos Sociais perceptoras das AXUDAS DE PREVENCIÓN E APOIO ÁS FAMILIAS cuxo proxecto de inserción recolla obxectivos de carácter formativo e laboral.
  • Persoas beneficiarias de prestacións municipais (MAPIS) cuxo proxecto de traballo recolla obxectivos de carácter formativo e laboral.

Os servizos ofertados son:

  1. Servizo de información, orientación e asesoramento laboral, para o usuario cuxo obxectivo é favorecer a busca activa de emprego e orientar cara un recurso máis axeitado. 
  2. Servizo de orientación para a formación para conseguir unha mellor adaptación ás demandas do mercado e cubrir as necesidades de formación para lograr unha plena integración laboral. 
  3. Habilidades sociais e  Formación prelaboral: Mellora das habilidades persoais, profesionais e relacionais vinculadas co desenvolvemento persoal, a autonomía, a xestión do tempo,...
  4. Servizo de Intermediación laboral co que se buscan alternativas de emprego axustadas ás características das persoas. Articulase sobre varios elementos complementarios: unha bolsa de emprego para traballadores e o contacto con empresarios e empresas potencialmente ofertantes.

Contacto

Casa de Asociacións de Benestar Social (CABES)
Rúa Manuel María nº6. Salgueiriños
Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981542471
Fax: 981542484/72
plandeinclusion@santiagodecompostela.org

novas relacionadas



© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)