Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Concellería Familia, Benestar Social, Muller e Emprego

Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Concellería Familia, Benestar Social, Muller e Emprego

Servizo público, pertencente á Area de Acción Social do Concello de Santiago de Compostela.


¿ Qué podes atopar? 

a.- Área de prevención: material educativo para a saúde, cinensino, adestramento en habilidades sociais para adolescentes, prevención de conductas disruptivas, prevención de alcoholismo xuvenil, escola municipal de pais e nais, resolución de conflictos pais-fillo/as, formación ó profesorado, educación de rúa, kamelamos guinar: dirixido a minorías étnicas, en busca do tesouro: programa de prevención de drogodependencias dirixido a familias en situación de risco con nenos/as entre 6  12 anos.

b.- Área de asistencia: Orientación e acollida, programa libre de drogas, mantemento e desintoxicación con metadona, mantemento con naltrexona, reducción do dano: intercambio de xiringas, dispensa de preservativos, prevención e control de tuberculose e hepatite B, vacinación da gripe e taller de consumo de menos risco, derivación a comunidades terapéuticas, uroanálise, asesoramento xudicial, prevención de recaídas, educación para a saúde, grupos de paix e nais.

c.- Unidade de día: Terapia de grupo, actividades grupais: deportivas, culturais, talleres, prelaborais, ocupacionais, formativas e de busca de emprego, habilidades sociais, grupos de pais e nais, aire libre, actividades manuais, revista, video-foro, etc.   

d.- Área de incorporación social: Alfabetización e graduado de Ensino Secundario Obligatorio, orientación e asesoramento laboral, taller de búsqueda de emprego, taller de xardinería, derivación a cursos do Plan FIP, preparación para a obtención do permiso de conducir.


Contacto

Manuel María 8,
15705 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981528787
Fax: 981528780
umad@santiagodecompostela.org


Horario: Con carácter xeral, de luns a venres, de 8 a 15 horas e de 16 a 19 horas.
Laboratorio, de luns a venres, de 8 a 15 horas e de 16 a 18:45 horas.
Sábados e domingos, de 10 a 11:45 horas.

flecha Ver máis redes coas que colabora a entidade

novas relacionadas



© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)