Grupo Scout Chan 292

Grupo Scout Chan 292

O Grupo Chan está legalmente constituído como asociación, como unha entidade prestadora de servizos e sen ánimo de lucro. O noso obxectivo é a educación no tempo de lecer de nenos, nenas e rapaces entre os 8 aos 21 anos baixo os valores e o método do escultismo.

O Grupo Scout Chan pertence a ASDE-Scouts de Galicia e a través desta, a ASDE-Scouts de España e polo tanto forma parte do escultismo plural recoñecido pola Organización Mundial do Movemento Scout (WOMS).

O Grupo Scout Chan 292 foi fundado en Santiago en 1975. Nesta cidade creouse outro grupo en 1990 o Ashanti 523, pero en 2006 cesou a súa actividade, integrándose os seus rapaces e educadores no Chan.

Levamos polo tanto máis de 40 anos educando a nenos e rapaces. Educamos no tempo de lecer a través o traballo en equipo, o contacto co medioambiente, a coeducación, a acción social e os valores (tolerancia, respeto, igualdade, solidariedade…) procurando que os rapaces se convertan en cidadáns útiles e con inquedanzas por tratar de mellorar o mundo que os rodea, que se convertan en potenciais voluntarios.

ACCIÓNS:

Lévase a cabo un Proxecto Socioeducativo a través do Ocio e o Tempo de Lecer dividindo aos rapaces en 5 grupos de idade e prpgramando actividades para todo o ano en relación aos seus intereses, necesidades e momento evolutivo.

Lévanse a cabo xogos de cidade, saída, rutas, marchas, acampadas, campamentos de verán, obradoiros, etc. Traballando contidos de habilidades sociais, educación ambiental, promoción da saúde, intelixencia emocional, desenvolvemento social, etc. Sempre enmarcada na metodoloxía Scout. 


Contacto

Rúa Boiro, nº 12, baixo A
Teléfono: 627763616
coordinacionchan292@gmail.com


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)