ACNH (Asociación Compostelana de Nenas/os Hiperactivas/os) é unha asociación sen ánimo de lucro composta por nais e pais con nenas/os co Trastorno de Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade.
En ACNH temos como finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con TDAH e as súas familias. Por isto, esta asociación pretende responder ás necesidades educativas, psicolóxicas e sociais destas.
Creada para informar, formar e axudar a tódalas persoas interesadas neste trastorno, pretende desenvolver tódolos medios posibles para reducir os efectos negativos que o Tdah provoca en nenas/os, mozas/os e adultas/os, para que se integren felizmente na súa vida diaria.
ENDEREZO:
Av/ Romero Donallo, 29, Entreplanta (Santiago de Compostela)
Teléfono: 981525007
www. acnhsantiago.com
acnhacnhsantiago.com
Horario: Manáns: Martes a Sábados: de 10:00h a 13:30h.
Tardes: Luns a Venres: de 16:00h a 20:00h