Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF)

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF)

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) é por encima de todo as persoas que a forman. ESF é unha ferramenta que nos axuda a transformar a sociedade. Así, definímonos como unha asociación independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a Cooperación para o Desenvolvemento e poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano. Tendo en conta que a tecnoloxía é un conxunto de saberes, coñecementos, habilidades e destrezas, non é competencia exclusiva da enxeñería, se non que se precisan distintos saberes, e así poder traballar cunha intencionalidade de xustiza social e cidadanía global transformadora. Neste sentido, tocamos 5 grandes liñas de traballo, sempre interrelacionadas: educación e investigación para o desenvolvemento, sensibilización, incidencia política e programas de cooperación internacional. Polo tanto, sexa cal sexa a túa profesión ou ocupación podes atopar un oco como voluntario ou voluntaria na nosa asociación, abonda con ter unha conciencia crítica e ganas de investir unha pequena parte do voso tempo. Podes contactar con nos no correo info@galicia.isf.es ou chamar ao teléfono 981 167 000 Ext. 1479. Atoparás máis información na nosa páxina web http://galicia.isf.esSíguenos no noso blogue http://esfgalicia.blogspot.com/, no facebook (ESFGal) ou no twitter (esfgalicia).


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)