PANXEA
PANXEA nace como asociación sen ánimo de lucro en Santiago de Compostela no ano 1995. No ano 2010 constituímos tamén a cooperativa de consumo que xestiona a tenda de comercio xusto e produtos galegos e ecolóxicos que temos na rúa da Rosa.Os espacios principais de actividade de PANXEA son a sensibilización e a participación activa en diversas iniciativas de economía alternativa, social e solidaria, especialmente as relacionadas co comercio Xusto e o consumo responsable, dende a perspectiva da soberanía alimentaria. Para iso Realizamos actividades de sensibilización e difusión (obradoiros, vídeos, charlas, …) sobre comercio xusto, consumo responsable, cooperativismo e economía social e solidaria, finanzas éticas, ...Contamos cun local social que alberga un Centro de Recursos, que compartimos coas asociacións AIS O´Peto, Fiare Galiza e Sodepaz, e que conta con materiais sobre estas temáticas (libros, exposicións, revistas, vídeos, ...), e sala de reunións aberta a quen o solicite (persoas ou organizacións) para o seu uso (tanto dos materiais como da sala, para charlas, reunións, video-forums, ...),.O noso funcionamento é democrático, aberto e participativo.Cremos especialmente no traballo en rede e por iso PANXEA é parte activa da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel, de REAS Galicia, da Coordinadora Galega de ONGD, de Fiare Galiza, e a nivel estatal e internacional, do “Espacio por un Comercio Justo”, e da Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos.Enderezo: Rúa da Rosa, nº 36, baixo, 15.701; Santiago de Compostela (A Coruña).Teléfono: 981-937238 ou 649-350628Correo-e: redes(arroba)panxea.orgWeb: www.panxea.orgFacebook: facebook.com/Panxea Twitter: @panxeacoop
© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)